Agenda

O CPEIG cita a expertos en ciberseguridade nuha xornada o 8 de xuño para poñer a Galicia na vangarda

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) reunirá o vindeiro 8 de xuño, baixo o patrocinio da firma Emetel e a colaboración de Abanca e Symantec, un elenco de expertos en ciberseguridade. A “II Xornada de Ciberseguridade en Galicia.
 
Protexendo os nosos activos” porá a comunidade galega á vangarda dunha das principais preocupacións actuais  do empresariado, administracións e particulares.
 
A asistencia ao encontro, que se celebrará no Centro Abanca Obra Social, na Praza de Cervantes en Santiago de Compostela, é aberta, previa inscrición en en https://ii-xornada-ciberseguridade.eventbrite.es.
 
A xornada comezará ás 10 da mañá cunha benvida institucional na que participarán o presidente do CPEIG, Fernando Suárez; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira; o director xeral de Emetel, Manuel Lago;  e Roberto Baratta, Global Executive VP and director of Loss Prevention, Business Continuity and Security de Abanca.
A partir das 10.15 horas, sucederanse varios relatorios  sobre administracións públicas, a cargo de: Xavier Gatius, do Centro de Seguridade da Información de Cataluña (Cesicat); Rafael Pedrera Macías, do Centro Nacional de Protección de Infraestruturas Críticas (CNPIC), e Adrián Lence Paz, pola Amtega.
 
Despois dunha pausa, a xornada retomará a actividade contra o mediodía para ofrecer varios relatorios sobre a empresa, dos que se ocuparán: Ramsés Gallego, de Symantec, e un conferenciante por determinar en representación de Microsoft. 
 
Ás 13 horas celebrarase unha mesa redonda baixo o epígrafe de “As empresas galegas no novo contexto tecnolóxico”, a cargo de Roberto Baratta de Abanca;  Andrés Tarascó, de Tarlogic; Iago Fortes, de Inprosec; Susana Rey, de R; e Rafael Ave, de Emetel. O peche da xornada será ás 14.00 horas a cargo de Roberto Baratta e Fernando Suárez.
 

Curso Superior de Técnico de Urbanismo


Organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública

Obxectivo: que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que os capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do solo. Para ese efecto, partirase da análise e do estudo pormenorizado da normativa de ordenación do territorio e urbanística, con especial atención á autonómica galega, combinando o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que se fai imprescindible no ámbito da ordenación do territorio e do urbanismo.

Pode consultar toda a información no seguinte ENLACE
 

Seminarios de Coaching para colegios profesionales

Organiza: Asociación de Profesores y Profesionales del Coaching y Mentoring
Colaboran: QCOACH y UNIÓN PROFESIONAL DE GALICIA
 
CoachingLas entidades citadas organizan la 1ª edición de Seminarios de Coaching para Colegios Profesionales. Esta modalidad se dirige a los miembros de los equipos de gobierno y juntas directivas de los colegios profesionales de Galicia, para el personal que trabaja en los Colegios y para los colegiados/as. Ha sido diseñada para facilitar, a través de la herramienta del coaching, el alto rendimiento individual y de equipo, la mejora de habilidades de dirección y gestión de recursos humanos, así como el desarrollo de las organizaciones profesionales.
 

Más información:  Descargar archivo pdf  

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  881 168 635 _ 600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org