Obradoiro de técnicas básicas de busca activa de emprego e orientacións profesionais

A Área de Formación do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) pon en marcha este novo obradoiro dentro do seu plan anual de formación: Obradoiro de técnicas de busca activa de emprego e orientacións profesionais cara o exercicio da profesión da Educación Social.

O Obxectivo é incrementar a empregabilidade das educadoras e dos educadores sociais, achegando formacion en técnicas de busca de emprego como son: a elaboración dun Curriculum Vitae, a preparación dunha entrevista de selección ou a busca de ofertas de emprego.

Mais información:  Díptico do curso  

O curso está dirixido fundamentalmente a Educadoras e Educadores Sociais, estudandes de Educación Social, e no caso de disposición de prazas a persoas de outras profesións afins.

Para incribirte podes facelo achegando a ficha de inscrición por fax ou mail, ou a través da nosa páxina web.

 Descarga aquí a ficha de inscrición