O ente colexial acada descontos en matriculación para formación específica

Noticias de Interés General

O  ente colexial acada descontos en  matriculación para formación específica
O CPEIG asina unha batería de novos convenios que incrementan as vantaxes de colexiación


Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2013. O  Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de asinar distintos acordos con entidades a prol de mellores e máis vantaxes para a colexiación. Os beneficios céntranse na mellora da formación especializada.

Entre os convenios acadados, as persoas colexiadas poderán acceder de balde ás probas de ingreso nas titulacións que ofrece a Universidade Europea nos seus centros: a Universidade Europea de Madrid, o Centro Profesional Europeo de Madrid, o Centro de Educación Superior de Valencia, a Universidade Europea de Valencia e a Universidade Europea de Canarias. Deste xeito, o aforro representa 130 euros por matrícula. Do mesmo xeito, contémplase un desconto do dez por cento sobre docencia nalgunhas titulacións de grao, posgrao e ciclos formativos de grao superior da Universidade Europea.

Por outra banda, o CPEIG chegou a un acordo con Aula Tegnix (AT), de Vigo, mediante o cal o Colexio se compromete a divulgar as accións formativas de AT entre os colexiados e colexiadas e a divulgar a demanda de docentes especialistas para as accións formativas. Así mesmo, Aula Tegnix bonificará cun 15% na matrícula aos colexiados que queiran formarse en calquera das accións que programa. Por cada colexiado do CPEIG que formalice a matrícula, AT retribuiralle un mínimo dun 3% ao CPEIG.

Tamén se formalizou recentemente un convenio de colaboración coa empresa Pigoo Soluciones Web, de Murgardos. Neste caso, a bonificación ascenderá a un 12% nos cursos de formación, coa mesma porcentaxe do 3% de retribución para o CPEIG por cada matriculado. O acordo comprende tamén a posibilidade de realizar xornadas formativas e cursos en liña a petición do CPEIG. O texto asinado recolle que Pigoo Soluciones Web “poderá dar soporte ao CPEIG en materia de aluguer dunha plataforma de tele-formación para a impartición de cursos propios do Colexio”.

Outro dos acordos establece unha colaboración co Grupo IMF Formación, de Madrid. Mentres que o Colexio promoverá a oferta formativa dos masters universitarios oficiais entre os colexiados, o Instituto asesorará ao Colexio sobre os trámites a seguir para a contratación das accións formativas e informará sobre os mesmos ás persoas colexiadas, ademais de titorizar e avaliar o proceso formativo do alumnado.

Fuente: Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia
Data: 27 noviembre 2013

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org