Profesionais da psicoloxía revisan a incidencia das emocións propias e alleas no seu traballo


El sábado 7 de marzo celebrouse no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia unha xornada sobre a práctica da psicoloxía no ámbito da intervención social. Este encontro profesional centrouse en dous aspectos: por unha banda, o código ético e, pola outra, as emocións que se manifestan no exercicio profesional tanto por parte do psicólogo ou psicóloga como da persoa atendida. Estes dous factores teñen unha forte influencia na actividade da psicoloxía e require coñecelos ben para evitar as súas interferencias no día a día.

No caso da xestión das emocións, as relatoras Mª Leonor Galiana e Mª del Carmen Patiño, reflexionaron sobre como un adecuado manexo pode influír na mellora da práctica profesional. Así, incidiron no recoñecemento e na análise dos estados emocionais propios do psicólogo ou psicóloga, ademais dos da persoa que está a ser atendida, xa que ambos os dous son factores incidentes na práctica profesional. Tanto Galiana como Patiño son psicólogas da Sección de Intervención Social e membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG.

Outra cuestión presente nas intervencións é o do código deontolóxico, un conxunto de normas e valores que aseguran unha práctica profesional ética e ao que debe recorrer calquera psicólogo ou psicóloga cando se atope con situacións que rozan o límite entre o que debería ser e o que se pode facer. Francisco Blanco, psicólogo e presidente da Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG, realizou unha revisión dos principios da ética profesional e a súa transposición como obrigas deontolóxicas, á vez que reflexionou sobre novos retos que propón unha sociedade cambiante.

Fonte: Colexio de Psicoloxía de Galicia
Data: 7 de marzo 2015

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  881 168 635 _ 600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org