Declaración institucional de Unión Profesional de Galicia co gallo do día internacional contra a violencia de xénero.

Unión Profesional de Galicia manifesta o seu total rexeitamento a calquera forma de violencia física, psicolóxica ou sexual, exercida contra a muller, á vez que desexa trasladar a súa solidariedade e apoio ás familias e persoas achegadas das vítimas desta terrible lacra que acumula arredor de 900 mulleres asasinadas nos últimos quince anos.

A fin da violencia de xénero pasa polo compromiso de toda a sociedade e, neste senso, as profesións teñen un papel esencial. É preciso que se introduza a perspectiva de xénero para pór fin ás históricas desigualdades profesionais entre homes e mulleres. Só a través da igualdade real construiremos unha sociedade máis xusta na que a violencia de xénero non teña lugar.

 

lazo-violencia-genero

Facemos énfase na importancia da educación en igualdade e chamamos a situarnos un paso por diante para poder inculcar o total rexeitamento entre a mocidade a calquera actitude ou acción que supoña violencia de xénero. A prevención segue a ser unha materia pendente nas familias, nas institucións e nas propias escolas.

Para que a sociedade poida avanzar precisamos deixar atrás unha das maiores inxustizas sociais, a violencia de xénero. Dende Unión Profesional de Galicia entendémolo así e animamos a contribuír a unha sociedade máis igualitaria a través do noso exercicio profesional.

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  881 168 635 _ 600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org